domingo, 17 de decembro de 2017

CLUB DE LECTURA

Este ano no colexio contamos con dous clubes de lectura debido a gran afluencia de nenos e nenas que quixeron participar.
Tanto o club de lectura de 5º como o de 6º están lendo a obra "Escarlatina a pequena cociñeira" de Ledicia Costas.
Estes son os nenos e nenas de 6º de primaria que participan no club.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha pequena selección de contos que poden ser un bo agasallo para todos aqueles nenos e nenas aos que lle gusta ler. Non vos olvidedes de engadir un conto nas vosas cartas aos Reis Magos, Papa Noel e ao Apalpador!


                                         BO NADAL A TODAS E TODOS!

xoves, 14 de decembro de 2017

LECTOR DO MES DE NOVEMBRO

Aínda que a piques de rematar o trimestre non queremos deixar pasar a ocasión para felicitara Yago de 6º de Primaria, que foi o lector máis voraz da nosa biblioteca.
                              MOITOS PARABÉNS YAGO!


domingo, 10 de decembro de 2017

CLUB DE LECTURA

Este ano no colexio contamos con dous clubes de lectura debido a gran afluencia de nenos e nenas que quixeron participar.
Tanto o club de lectura de 5º como o de 6º están lendo a obra "Escarlatina a pequena cociñeira" de Ledicia Costas.
Estes son os nenos e nenas de 5º de Primaria que participan no club.


O CAMIÑO DE SANTIAGO

Este curso dende a biblioteca estase levando a cabo un proxecto a nivel de todo o centro que ten como eixo motivador o Camiño de Santiago e estas son algunhas das actividades que o noso alumando puxo en marcha.

xoves, 23 de novembro de 2017

SAMAIN

Dende a biblioteca para celebrar o Samaín fíxose unha escolma de contos terroríficos para que os nenos e nenas puideran disfrutar durante finais de outubro e mediados de novembro de lecturas terroríficas.

LECTORA DO MES

Este ano para fomentar o hábito lector entre o noso alumnado decidimos facerlle unha pequena homenaxe a cada lector/a do mes. A lectora do mes de outubro foi AROA de 4ºA.
MOITOS PARABÉNS!!


venres, 10 de novembro de 2017

BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA

Ola, son MARRONCIÑA a papacontos da biblioteca e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas. 


Por medio deste blog irémosvos informando das novidades, actividades, conmemoracións e demais eventos que se leven a cabo dende ou coa participación da Biblioteca Escolar.